avatar

Ola,
chámome Pepo Suevos e son actor

Sobre min

Gústame facer rir e encántame comer o escenario nas miñas actuacións en vivo. Din os meus primeiros pasos como encuestador pero pronto empecei a saír en películas, a miña última aparición na gran pantalla foi na Esmorga, aínda que tamén formo parte do reparto en series como Serramoura ou Matalobos. Outra das miñas paixóns relacionada co mundo audiovisual, que é onde me desenvolvo, é ser guionista, como no programa Land Rober ou en A casa da Conexa.

Vida

  • 1971

    Nacín en Alemaña

    Concretamente na colonia de Ferrol. Son fillo de militar porque en Ferrol todos éramos militares. Por iso diría que polo GENERAL son boa persoa.

  • 1986

    Ía para estrela do baloncesto...

    E unha lesión fixo que engordara 25 kg., así que cambiei a miña intención de ser xogador pola realidade de ter que ser o balón.

  • 1991

    Fun porteiro de discoteca

    Unha profesión con mala fama, pero resulta que eu era dos tranquilos, de feito ata quedei algunha vez durmido na porta.

  • 1992

    Comecei a traballar na televisión

    Cando as televisións aínda non eran planas e eu collía dentro. Agora que todo o mundo as ten de LED a verdade é que traballo menos.

  • 1996

    Licencieime en económicas

    Non me gustaba demasiado, pero dinme conta cando xa tiña máis da metade da carrera feita, e por non tirar os cartos rematei e moitei unha xestoría.

  • 2010

    Fixen un monólogo de 10 horas

    Na Sala The Star de Carral, para celebrar os meus 1000 monólogos. A idea era batir un record e así foi: botei dous días enteiros sen falar.

Experiencia

Televisión
Voz Audivisual, TVG
2016
Serramoura
Ambientado no mundo da madeira, conta a historia dunha pequena vila que se ve alterada coa chegada dun investigador de métodos agresivos para descubrir quén matou a Mónica Triáns.
TVG
2015-2016
Pazo de Familia
Combinando grandes historias de amor con tramas de poder e intriga e con toques de comedia costumista, a serie, a través dos ollos de Sara e Cosme, que tamén serán os do espectador, introduciranos no excitante mundo dos Pardo Veiga, amosándonos as grandezas e as miserias dunha saga familiar destinada a marcar unha época.
Mandarina, Telecinco
2015
Aquí paz y después gloria
Comedia televisiva.
Ficción Producciones
2013-2014
A Casa da Conexa
Late-night de humorísticos líder de audiencia no que dei vida a Mucha unha das protagonistas do programa. Moncho e protesión sivil foron outros dos meus papeis.
Mandarina
2011
Piratas
Historias de navíos, duelo a espadas, mazmorras, execucións, rescates, abordaxes, homes de honor, mulleres de armas tomar e un tesouro codiciado durante máis de trinta anos.
TVG, Voz Audiovisual
2011
Matalobos
Matalobos é o nome dun clan familiar que vive na Sardiñeira, na vila haberá cinco familias metidas no narcotráfico a grande escala. Clans poderosos e inimigos implacables que lles farán fronte: dúas mulleres, unha xuíza e unha avogada irán a por eles.
TVG, Voz Audiovisual
2011
Padre Casares
O pai Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa, a sustituír ao vello pai Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar. Padre Casares narra, con humor e ternura, o proceso polo que este home irá encaixando nese lugar, á vez tan próximo e tan alonxado do que el era ata ese momento.
Teleficción, Correo TV
2013-2014
Caseiros
Comedia de situación que conta a convivencia forzosa entre personalidades variadas, con soños e aspiracións moitas veces irreconciliables e sempre disparatadas.
Ficción Producciones
2013-2014
Escoba!
Un grupo de mulleres “maiores” que se xuntan polas tardes no Centro Social da súa vila, para xogar ás cartas, en concreto á Escoba. Xogan porque lles gusta falar. É a excusa perfecta para darlle unha volta a todos os temas dos que non se fala normalmente, e dos que se fala tamén. A excusa para arranxar o mundo.
TVG
2009
Especial Os Tonechos
Show humorístico protagonizada por Roberto Vilar e Víctor Fábregas, no que participei interpretando a varios personaxes.
TVG
2009
Land Rober
Programa de humor da Televisión de Galicia que conta cada semana cun convidado estelar, música en directo e con representación cómicas no que o público ten un papel fundamental. Nel son co-presentador e interpreto a João Simões, entre outros moitos personaxes.
TVG
2009
O Nordés
Serie que narra os casos profesionais e os conflitos de relación que se dan na redacción dun modesto xornal galego, O Nordés que xa cumpríu cen anos de vida. Está ambientada na cidade de Vigo.
TVG
2009
Quen toca?
A música vai acompañada de moito humor, un concurso de baile, historias e lembranzas dos veteranos da verbena.
TVG, Filmanova, Continental
2008
Os atlánticos
Foi unha serie galega emitida pola TVG producida por Filmanova e Continental. Desenvólvese na ficticia vila de Vilardenós e xira arredor da actividade dunha pequena orquestra de cinco músicos cuxo nome é o que dá título á serie.
TVG
2005-2008
O Show dos Tonechos
Programa protagonizado por Roberto Vilar e Víctor Fábregas, o dúo humorístico coñecido como Os Tonechos.
TVG
2011-2007
Terra de Miranda
Terra de Miranda é unha serie feita por Zopilote e Voz Audiovisual para a Televisión de Galicia, cos exteriores gravados en Mondoñedo. Nela interpreto a Metralla.
Telecinco
2006
Hospital Central
Interpretei nesta serie a Enrique, un home enfermo crónico que se negaba a recoñecelo.
TVE
2003
Ó pé da letra
Fun colaborador como contador de historias neste programa da Televisión Española en Galicia.
TVG
2003
As leis de Celavella
As leis de Celavella é unha teleserie de misterio ambientada en 1925 que conta a historia dun avogado que volta á súa vila, logo de estudar en Santiago de Compostela, para dirixir o despacho de seu pai.
TVE
2001
Pase sin llamar
Telecomedia ambientada nunha familia e os seus fillos, que se atopaba dentro do programa infantil presentado por Miriam Díaz Aroca Cajón desastre. Participación esporádica.
TVG
2000
Rías Baixas
Serie de misterio que conta a historia da familia dos Lantaño, grandes e poderosos propietarios de adegas e viñedos na comarca do Salnés. Nela interpreto a Tito.
TVG
1998
Mareas Vivas
Mareas vivas foi unha serie creada por Antón Reixa e producida por Voz Audiovisual. Estaba rodada en Laxe (A Coruña), aínda que moitas das imaxes foron tomadas en Corme.
TVG
1998
Tardes con Ana
Ana Kiro presentaba este programa no que facía entrevistas, moderaba un faladoiro, presentaba un concurso e tamén cantaba.
TVG
1995
Pratos combinados
Serie de televisión que contaba as vivencias nun bar de tapas de toda a vida. Nela interpretei a Pepe "o ladrón de extintores".
TVG
1992
Luar
Programa musical e de humor que se convertíu tamén nunha plataforma de promoción tanto do novo talento musical como do humorístico de Galicia. Participei en varias tempadas ata a actualidade.
Cinema
Tornasol Film, Foresta Films, Milou Films
2015
A praia dos afogados
Conta a historia da investigación de dous policías, Leo Caldas e Rafa Estévez, que investigan unha morte que parece un suicidio e resulta ser un asasinato.
Vía Láctea Filmes
2014
A esmorga
Filme dirixido por Ignacio Vilar. Filme baseado na novela de Eduardo Blanco Amor.
Vaca Films
2010
Secuestrados
Un filme dirixido por Miguel Ángel Vivas.
2010
Un conto de Nadal
2009
Agallas
Filme dirixido por Samuel Martín Mateos y Andrés Luque Pérez.
Bren Entertainment, TVG
2009
Reliquias
Telefilme dirixido por Toño López.
Pórtico, Zenit, TVG
2009
O bonito crime do caravinero
Filme dirixido por Miguel Conde.
Vía Láctea Filmes
2008
Pradolongo
Filme dirixido por Ignacio Vilar.
2008
Abrígate
Filme dirixido por Ramón Costafreda.
Continental, Milú Films, Tornasol Films
2007
Unha muller invisible
Filme dirixido por Gerardo Herrero.
2007
Galician Festival
Vaca Films, Zip Films, TV3, TVG
2006
El partido
Tv movie dirixida por Juan Calvo.
2006
Chapapote o no
Tv movie dirixida por Ferrán Llagostera.
Canal Sur, In Vitro Films, TV3, TVG
2006
El estafador
Filme dirixido por Ricard Figueras.
Tornasol Films
2005
Heroína
Filme dirixido por Gerardo Herrero.
Continental, Diagonal, Toma27
2005
Máis ca irmáns
Tv movie dirixida por Ramón Costafreda.
Vía Láctea Filmes
2003
Ilegal
Filme dirixido por Ignacio Vilar.
Adivina Producciones, Telecable Compostela, TVG
2003
O Camiño de Santiago, a orixe
Filme dirixido por Jorge Algora.
Continental TV
2002
Entre bateas
Filme dirixido por Jorge Coira e estreado en 2002. Trátase dunha coprodución na que tanto o equipo técnico coma o artístico están formados na súa maior parte por galegos. Estiven nomeado ós premios Mestre Mateo na categoría de Mellor actor polo meu papel como Sego.
Antena 3,Continental, TVG
2002
Trece badaladas
Filme galego dirixido por Xavier Villaverde que foi estreado no 2002. Está libremente baseado na historia 'Trece badaladas' de Suso de Toro.
Dobraxe
Dobraxe ó galego da película “Entre bateas”
Dobraxe ó galego da película “Ilegal"
Dobraxe ó galego da película “Heroína"
Dobraxe ó galego da película “Más que hermanos”
Dobraxe ó galego da película “El partido”
Dobraxe ó galego da película “Una mujer invisible”
Dobraxe ó galego da serie “Milagros”
Dobraxe ó galego da serie “Soledad”
Dobraxe ó galego da serie “Desafío total”
Dobraxe ó galego da serie “Rubí”
Dobraxe ó castelán da serie “Power Rangers”
Teatro
Diversas actuacións como contacontos, monologuista, cómico e animador en solitario en locais, festas, teatros e auditorios con máis de 1000 representacións.
2000
Membro da compañía Uvimóvil Teatro
2001
Membro da compañía de clown Os sete magníficos máis un
Osdous Ardebullo, R
2014, 2015
Viramos tolos pola tele
Monólogo colectivo que parodia os magazines televisivos e a súa ampla diversidade de contidos.
Guionista
TVG
2016
LandRober
Cuatro
2015
GymTony
TVG
2015
A casa da Conexa
Vaca Films
2010
Secuestrados
Tornasol Films
2008
Heroína
Continental TV
2001
Entre bateas

Habilidades

Bailar
Coller camaróns (Furtivo)
Cantar
Cociña Balinesa
Novato
Avanzado
Experto
Master

Idiomas

Galego
Español
Ruso
Ucraniano
Filipino

Hobbies

Baloncesto
Percusión
Pádel
Cociña

Info física

Peso
85 kg.
Altura
180 cm.
Pelo
Moreno-canoso. Barba
Ollos
Marróns
Rango de idade
25-45 anos